Wednesday, May 7, 2008

Ponte do traballador e Constitucion polaca

E con so un par de dias despois de volver de Torun chegaron mais festivos (dia do traballador e da constitucion) primero fun a outra viaxe de trekking, esta vez mais lonxe, a Szczyrk, cerca de Bielsko Biała e de onde nace o vistula (wisła), un sitio moi turistico, con monton de sitios cunha decoracion moi coidada en madera, xente vestindo traxes tradicionais, con moitas pistas de ski (tamen de saltos e slalom) pero inda q ainda quedaba algo de neve(apesar do tempo) non era suficiente para esquiar, e o q habia moito eran xente baixando as pistas en bicicleta, desde o alto do pico, cunhas bonitas vistas da rexion co lago de Żiwiec e demais, a viaxe duraba catro dias (toda a ponte) pero eu so quedei dous. 

A noite do segundo dia collin u tren para ir o sabado xogar un torneo a Zduńska Wola, un pequeno pobo cerca de Łódz, do pobo non vin nada, pero parece q foi onde naceu chopin, dia de rugbi con bo dia e boa compańia. O domingo quedara en ir a un festival na cidade, eran todos grupos polacos (Dżem, Happysad, Strachy na lachy, Hey e outro q non estaba no cartel e non saberia escribilo nome ;) eran todos grupos cońecidos (xa, polacos) e empezaron moi cedo, as 13.30 e as 22.00 xa estaba de volta a resi, a parte da musica (q en xeral me gustou) como en calquera festival moito atractivo esta en ver a xente q vai.

E para acabar, volvin a Praha con Rober e Ceci, q ian de ruta polas grandes capitales do centro de europa (Praha, Wien, Budapest) e tamen Mila. A ruta escollida foi ir por Kłodzko a Kudowa Zdrój na frontera, ali pasar a Nachod no lado checo e de ahi a Praha. Gustoume moito mais que cando fun en novembro, supońo q non ir cun grupo enorme influe, e vin algunhas cousas q non vira da outra vez, o xardin do senado… tpc estiven tanto tempo, pero a ponte non deu para mais ;)

Posted by Chino at 19:24:16 | Permalink | No Comments »

Wednesday, November 21, 2007

Viaxe a Praha e Budapest (do 15 o 19 Novembro)

Este finde, a ESN organizaba unha viaxe a Praha e Budapest, dous dias en cada sitio, para 65 persoas, e con autobus privado para levarnos dun sitio a outro. A viaxe tivo os inconvintes normais q conleva un grupo tan grande(e mais con tanto espanhol e portugues, sempre habia q esperar a alguen ;) pero estivo xenial, organizar unha viaxe asi para un grupo pequeno seria moi dificil ( so co tempo q se perderia viaxando en transporte publico… a uns q foran a Budapest pola sua conta a semana anterior levoulles 24 horas volver a Wroclaw) e tamen esta a comodidade de ter guias e non ter q estar buscando as cousas por un mesmo. Poderia dicir todolo q visitamos, pero suponho q seria algo conhazo(ademais non me apetece;) asi q vou quedar simplemente por dicir q Praha esta moi ben con as suas pontes, castelos e demais edificios e igrexas, o unico pero son a xente q atende os bares e restaurantes. E Budapest e xenial, o nivel de Wien, cheo de monumentos e cousas para ver (e non so, levaronnos a uns banhos turcos ;), o q mais me gustou foi o Labyrinth, tamen e impresionante o parlamento (hai 3 pedazo edificios xuntos, parece ser q houbo un concurso para contruilo parlamento, o q esta como parlamento foi o q ganhou, pero decidiron construir tamen o segundo e o terceiro clasificado ;) Conhas da viaxe? pois podedes imaxinar o q deron 65 persoas en 4 dias (coas suas noites) pasando por 4 paises distintos( inda q en Eslovaquia so parasemos nos controles fronterizos e nas estacions de servicio - a volta case deixamos uns en terra nunha destas ;).


(Praha, eu saio cortado, tedes q clickar na foto para verme ;)

Para cando vexades as fotos (xa sei q non tenho case ningunha, a ver se un dia me sinto menos perezoso e ponho algunhas;), tal vez vos sorprendera o meu look deses dias, iso debiase a q o volver ese luns quedaramos en facer unha cea de bigotes.

Posted by Chino at 12:02:08 | Permalink | No Comments »