Wednesday, May 7, 2008

Viaxe a Poznań e Toruń

ok, levo algun tempo sen actualizar, pero supońo q despois de ler o par de post q deixo hoxe entenderedes por que ;)
empezamos por fai dous fins de semana, organizaronnos unha visita a Poznań e Toruń, na primeira cidade xa estivera e non vin nada q non vira da outra vez, so q entramos nunha igrexa (da outra vez pasara de entrar ;) e por dentro estaba chea de columnas (e vaia columnas) e moi ben decorada, e ademais coincidiunos con o ensaio do organo (tamen pequenińo) e clarinete, as 12 vin no reloxo do rynek as figurińas de duas cabras peleando e fixemos unha visita fugaz a un museo, o tempo estuvo xenial ( non so a fin de semana, non temos nada q envidiar a peninsula ;) e a plaza q tanto me gustara da outra vez estaba chulisima (wrocław tamen, agora ainda me gusta mais) e as fontes botan auga!
 

(diante da opera de Poznań)

Depois collelo bus (so para nos) e a Toruń, e a cidade de Copernico, e patrimonia da humanidade da UNESCO, encantoume, das cidades q mais me gustou de polonia (ata agora) non ten nada realmente espectacular pero esta moi ben en xeral, co wisła (vistula, polo q dimos unha volta en barco) as murrallas, avenidas peatonales… pero sen duda o mellor da viaxe foi o moito q nos rimos. Sen duda, a gran historia foi protagonizada por un chino/coreano (e non eu) q se apuntou a viaxe pero ninguen o cońecia, tras un dia xa chegaramos a conclusion de q era algo rarito (vińera so coa roupa q levaba posta e iso q a viaxe era de dous dias, unhas veces dicia q era chino, outra q era coreano, q o nome q tińamos del non era o verdadeiro por q tiverao q cambiar para poder sair de inglaterra por q o perseguia a mafia…) o sabado pola noite dixo q lle doia a garganta e pediu un taxi (a uns dixolles q ia o hospital, a outros q a unha farmacia) e pola mańa ainda non aparecera, e mandara unha mensaxe dicindo cousas raras (poland is enough enough enough, i’m tired, will miss you…) a organizadora preocupadisima pasou toda a mańa buscandoo (apagara o movil) chamando a policia, hospitais, tamen a universidade (onde ninguen o cońecia de nada) compańias de taxi… ata q un taxista dixo q o deixara nun hotel, conseguiu q os do hotel admitiran q estaba ali e foran comprobar q estaba ben e reservara duas noites!!! a dia de hoxe ainda non sabemos nada del ;)

Posted by Chino at 18:50:26 | Permalink | No Comments »

Tuesday, February 26, 2008

Poznań, Leicester, Rugby…

estes dias tocou ir a inglaterra, un pais no q nunca estivera (por q estar non sei cantas veces nos aeroportos de londres sen sair deles non vale ;) e como extra, unha visita a Poznań, aproveitando q saia mais barato voar desde ahi, esta ben, non e moi grande, ten o tipico rynek con un monton de estatuas, unha catedral, parques… o tipico, o q mais me gustou foi a plaza q esta saindo da estacion de tren a esquerda, coa opera, un castelo, un monumento bastante impresionante…. en fin, paseando ata q chegou a hora de ir o aeroporto, a collelo avion a east midlands.

o aeroporto de east midlands esta en medio de nottingham, derby e leicester, pegado o circuito de carreras de donington (tamen cońecido por concertos), esta ben conectado con bastantes cidades o arredor. Leicester tpc e moi grande, pero esta moi ben, ademais da clock tower, as ruinas romanas, o new walk, o war memorial, igrexas e catedral (distintas das de espańa e tamen das de polonia)… o q mais me chamou a atencion foi a mezcla cultural q hai, monton de tribus urbanas (unhas pintas q leva a xente…;) e moito “emigrante” (moitos xa naceron en inglaterra) perfectamente integrados, ocupando calquera clase de traballo, mezclados uns cos outros… viase xente de todo tipo, gustoume moito. ademais de ir a unhas cantas festas (nunha casa duns ingleses q parecia unha casa de ocupas, erasmus… curioso q en leicester a xente sae pola noita disfrazada por q si, da igual o dia, o xoves tocaba sair co pixama, pero veias trogloditas, tigresas… de todo ;) tamen fun a un par de museos, fixen as cousas tipicas (pubs ingleses, fish&chips… ;) e adiqueille algo de tempo o rugbi, fun o sitio onde naceu (moi cerca de leicester) e a ver o leicester tigers-sale sharks, un partidazo, estadio cheo (17500) cunha alineacion de luxo, e iso q se estaba xogando o 6nations (o francia-inglaterra o veria mais tarde rodeado de ingleses).  depois volta a collelo autobus e o aeroporto a esperar polo avion para levarnos a casa (esta vez, voo directo a wroclaw)

por certo, outra vez mais, visita as illas e sen queixa do tempo, nin unha gota, iso de q por li non para de chover e todo mentira ;)

Posted by Chino at 15:00:41 | Permalink | No Comments »