Wednesday, March 19, 2008

Jelenia Gora, Stomp…

se algo gusta, repites, e como o ano esta algo raro (pero sobre o cambio climatico un primo meu di q… ;) e teńo pasado mais frio alguns invernos en ourense, hai q aproveitar mentres non chega a primavera, alguns erasmus organizamonos unha viaxe a Jelenia Gora, unha pequena cidade cerca de dous sitios nos q xa estiven nos sudetes, con o seu concello no centro da plaza principal, igrexas (con mogollon de xente - era domingo de ramos)… sabado aproveitamos para ir a Karpacz (ver viaxes de trekking) pero esta vez para facer snowboard, eramos todos novatos, o q tińa mais experiencia era eu (era a mińa segunda vez) asi q os outros tiveron q apańarse cos poucos consellos q lles din ;) e para facilitar as cousas, segun compramos as tarxetas para os telesillas pońemonos a seguir a toda a xente, e collimos o telesilla q ia arriba de todo, a pista mais dificil (negra)… no comments ;) foi divertido, un dia ideal, ceo despexado, unha vistas xeniais… cando pecharon os telesillas demos unha volta pola vila antes de collelo bus de volta a Jelenia Gora. De volta o hostal dixeronnos q pechaban as 11, asi q habia q volver antes desa hora, negociamos unha pequena prorroga para ter tempo de ir cear e facer algunha compra. pola mańa alguns erguemonos un pouco mais cedo (en parte polo ruido q facian os nenos polo pasillo ;) para dar unha volta pola cidade e cando volvemos o hostal encontramolo pechado, chamamos os q quedaran durmindo, e estaban dentro (pechados), era a hora da misa ;) por sorte estabamos na planta baixa, asi q so habia q saltar a verxa e entrar pola venta. pola tarde decidimos ir o parque nacional Krakonosze, similar o Xures/Geres, no bus unha rapaza (de instituto) ofreceuse a facer de guia, primeiro levounos a sua casa, estaba soa, pero ainda asi ofreceunos te, e levounos a ver sitios curiosos, pedras, cascadas… 
 

(Wodospad)

antes desta viaxe, durante a semana, fun ver outro ”concerto” o teatro esta vez de STOMP, fixemos unha gyncana pola cidade e tamen empecei a adestar co equipo de rugbi, para acabar felicitar o equipo xuvenil de Ourense q o fin de semana pasado acabou a liga como campeons galegos!

Posted by Chino at 14:30:02 | Permalink | No Comments »

Monday, October 29, 2007

Do 19 o 29 de Outubro

Durante estes dias non paramos, os do curso de polaco organizaronnos unha viaxe, os da ESN unha festa de integracion e unha “Boat Party” e duas viaxes co grupo de trekking, en principio apuntarame en basket e so despois en trekking como segundo deporte, pero como nos fixeron apuntarnos no programa de oprientacion a primeira semana e ata mais tarde non saberia as horas libres q teria, pois coincideme co curso de Catia e non podo ir, e agora xa non o podo cambiar por q non quedan plazas, asi q quedei so con trekking. Nesta universidade todolos alumnos tenhen q facer obligatoriamente 3 semestres de deportes, a alguns notanse q so van por q necesitan os creditos para sacala carreira.
 
No venres anterior empezaron a baixar as temperaturas, de feito, o venres cando ia caminhando cara a universidade empezou a nevar, intenso pero durante pouco tempo. O dia seguinte saimos cedo para coller un tren as 6.30 a Witkow, cerca da fronteira con a republica checa, o sitio tampoco era nada de especial, unha vila perdida no medio da nada, estivemos caminhando todo o dia polo monte, e bastante parecido co galego, salvo q estaba todo nevado e ainda estamos a mediados de outubro, aproveitamos para falar un pouco con polacos… a organizacion non e moi boa, mandannos un email uns dias antes dicindonos q tren temos q coller, e o punto de quedada e na estacion de detino por q case todos van en coche, uns q foron en tren xa ian bebendo cervexa. O acabar deixaronnos nunha estacion distinta a q chegamos cun yonki pesado (tranquila mama, era inofensivo, so algo pesado).
 
Chegamos xa algo tarde a Wroclaw, pero a tempo de ver como Surafrica ganhaba a final do mundial, vinna en aleman polo canal DSF gracias a q os alemans vinheron perfectamente equipados con coche, tele, parabolica…., despois fun a festa de intregacion e sair por Wroclaw onde me encontrei con bastantes ingleses ;)
 
O martes tamen tivmos q madrugar para collelo bus da excursion do curso de polaco. En clase dixeronnos q iamos a unhas montanhas e a un Aquapark, asi q todos levamos o banhador na mochila. Despois dalgun tempo de viaxe chegamos a Wambierzyce, enton o conductor apagou o bus e abriu as portas para q todos disfrutasemos do frio, tivemos q esperar ata q chegar un segundo autobus e enton visitamos unha igrexa q e un sitio de peregrinaxe importante por estes lados, a vila parecia moi enfocada a relixion, habia moitas estatuas relixiosas por todos lados, sentiamonos algo estafados, ninguen nos falara de ningunha igrexa e nos queriamos o spa. Despois desta visita, volvimonos meter no bus e levaronnos a un parque nacional (Park Narodowy Gor Stolowich) bastante chulo, estivemos por ali de paseo, subindo por un caminho estreito de escaleiras de pedras e madeira (Szczeliniec Wielki). O chegar arriba non pudimos aproveitar as vistas por culpa da nevoa asi q empezamos unha gran batalla de neve, q se prolongou por toda a baixada, unha pequena III guerra mundial. O chegar abaixo todos o bus e para casa. Do spa nin rastro.
 
O venres a ESN organizounos un paseo en barco polo rio Odra para ver Wroclaw desde outra perpectiva, o paseo empezaba a hora de comer e duraria ata a noite, musica, improvisouse un karaoke (buscar en youtube) e bo ambiente, o baixar decidin volver a resi para durmir algo q unhas horas mais tarde marchaba a segunda viaxe de trekking.
 
As 4.30 erguinme para ir collelo tren, os dous vascos q tamen estan en trekking decidiron non vir (non vou comentalas razons ;) asi q marchei eu so. A organizacion era a mesma, coller un tren a Jelenia Gora, para encontrarme ali co monitor (coa muller e un nenos duns 3 anos), e unha vez ali coller un bus a Karpacz/Bialy Jar onde empezariamos a caminhar, a noite pasariamola no “Dom Slaski”, cerca do Sniezka, o punto mais alto dos Sudetes con 1602 metros. Despois de caminhar durante unhas horas, chegamos o Dom Slaski, practicamente non falara con ninguen (en parte por q a actividade non deixa moito espacio nos pulmons para falar) e os polacos so falaban en polaco e non se preocupaban se eu entendia algo ou non (por suposto q non!), pero unha vez no refugio empezaron esa costumbre tan de aqui de beber (cervexa e vodka) e soltaselles a lingua e estiven falando con eles ata a 1, con algunha q outra situacion curiosa (das q so falo se mandades emails privados ;) so adianto q envolveu a muller do monitor (borracha como unha cuba) e os camareiros e o dono do refugio ;) outra curiosidade e q so habia duas duchas con auga quente das 6 as 9 da noite, pero non habia ningun tipo de colas (os polacos e a hixiene…xa falarei dos meus companheiros de piso) O dia seguinte erguinme pasadas as 8, como combinaramos, para almorzar (pedir un chocolate quente por aqui e pedir auga con chocolate) e so despois dixeronme q falaran entre eles (en polaco) e quedaran en erguerse unha hora mais tarde, asi q aproveitei para durmir esa hora, caminhar un pouco mais e para casa. Os polacos cos q durmin ofreceronse a traerme en coche (o primeiro q monto dende aquel taxi do aeroporto). Os vascos no saben a viaxe q se perderon, un destino interesante para quen lle guste a montanha ou facer ski. Pareceume curioso a cantidade de xente q caminha pola montanha cunha cervexa ou botella de vodka na man…

Posted by Chino at 20:14:36 | Permalink | Comments (4)