Wednesday, January 23, 2008

Viaxe a neve (do 18 o 21 de xaneiro)

Despois de moito tempo sen actualizar, volvo a carga! en decembro tiven q marchar antes do desexado para facer uns exames en vigo, comidas familiares, ceas cos amigos… e o 9 de xaneiro madrugon para volver a Wroclaw, xa no aeroporto de Sa Carnerio eramos un  grupo de 8 erasmus (4 galegos e 4 portugueses) q en Girona foi crecendo ata q perdin a conta (o chegar os 30). as primeiras semanas foron tranquilas, como de retoma de contacto, so destacar a visita de un cura para santificalas habitacions e unhas festas de cumpleanos. A semana pasada Natalia organizounos unha viaxe a neve para skiar/snowboard, apuntamosnos un grupo de castellanofalantes (a excepcion de Mona). Asi q pasamos todos uns dias en tendas buscando o material necesario (pantalons, guantes, gafas…)

Saimos o venres as 6 da mańa, tivemos algun problema en encontralo punto de encontro. Eu fun durmindo todo o camińo ata chegar a Szklarska Poręba, unha vez ali collelas botas, a tabla de snow (no meu caso)e o skypass e a practicar. Natalia deunos o curso de iniciacion a David, Pau, Fer e a min. O principio so era capaz de levantarme de rodillas, despois de ensinarnos as cousas basicas (con as correspondentes caidas ;) fomos collelo telesilla para baixala pista azul, as veces q me caia eran incontables (preocupabame mais ver cantos metros conseguia facer sen estar outra vez tumbado na neve) O fin do dia collimo-los 2 telesillas para ir ata o refuxio (Szrenica a 1362m de altura e a uns 150 metros da fronteira coa republica checa) segun se subia o vento era cada vez mais forte. Camińar os 500 metros ata o refuxio foi toda unha aventura, vento, neve, neboa, non se via nada… despois non encontrabamos a porta. Unha vez dentro, ducha quente, comer e charlar ata ir durmir.

O dia seguinte iamos probar unha pistas distintas, as do dia anterior non lle gustaran moito os “expertos” e non era seguro q abriran o segundo telesilla (o da pista roja), asi q despois baixar camińando ou “subidos” a tabla chegamos a base doutro telesilla, q estaba pechado (“pero so por 20 minutos” q duraron todo o dia) asi q mentres fixemos unha pequena rampa para facer uns saltos (alguns acabaron saltando do tellado do bar) a xente acabou indo o bar, eu aproveitei baixar a pendente unhas cantas veces (coas correspondentes subidas a pe), depois regreso o refuxio, ducha, comer, ver unha peli…

O domingo decidimos ir o outro lado da fronteira, a Harrachov, onde se estaba disputando o campeonato do mundo de saltos (inda q so vimos a rampa). Asi q despois de almorzar, cargamos as mochilas e a baixar,case todos decidiron baixar facendo snow ou skiando, como o camińo ata o telesilla era recto eu tamen o fixen (coa diferencia q a mińa forma de parar foi acabando no chan), despois os inexpertos decidimos baixar en telesilla mentres os expertos baixaban coas mochilas polas pistas roja e azul. O chegar abaixo collimos un minibus para ir a republica checa e pasalo dia nunhas pistas cunhas pendentes considerables. Para o ultimo descenso do dia sentinme con confianza suficiente como para intentala pista roja cun resultado de 3 caidas (unha delas bastante grande;) pero para 1′5 km creo q esta bastante ben. Despois, collelo minibus de volta, devolvelo material, porse roupa seca e volta a casa (cunha parada na autovia de case 4 horas por un problema do bus)

Posted by Chino at 13:28:05 | Permalink | Comments (1) »