Thursday, April 17, 2008

Książ e tolemias variadas

Este finde, pequena viaxe autorganizada, buscando sitios q visitar q non estiveran moi lonxe, enteramonos q existe un castelo a uns 50km de wroclaw, aproveitando a viaxe decidimos visitar osowka, unhas excabacions para un proxecto de hitler q non chegou a finalizar. Para a viaxe xuntamonos 11 de 8 paises distintos: portugal, espańa, francia, belxica, alemania, polonia, rumania e turquia, viaxamos en minibuses, os conductores flipaban con a mezcla. Para ir a osowka, primeiro collimos a minibus a walbrzych, e despois ali outra ata unha vila cercana, o q non nos esperabamos e q “cercana” implicaba 2horas camińando polo monte ;) a min gustoume o paseo e pudimos ver moita naturaleza (incluidos alguns cervos), e curiosades polo camińo (como a semana pasada ;), a parte visible (non subterranea) do proxecto “Riese”… a visita guiada era en polaco, pero o acabar o guia fixonos un pequeno (pero largo por limitacions do idioma ;) resumen da visita. Collimos outro minibus para q nos levara a ksiaz, previo paso por unha tenda para comprar algo de comer q xa pasaban das 5 e levabamos moitas horas sen ver ningunha tenda. Despois visita o castelo (chegando xusto a tempo para a ultima admision ;) non e enorme pero e bastante grande, con moitas salas, xardins o redor e interiores… despois volver a walbrzych para ir a estacion, e tras unha pequena espera nunha tipica estacion de tren polaca, volta a casa.
 
Ademais de esta viaxe, a primavera chegou, anda algo tola, agora chove agora fai un sol tremendo, xa sain un par de veces de camiseta (por primeira vez en polonia ;) felicitar esta vez os cadetes q igual q os xuvenis tamen proclamaronse campeons galegos, e destacar q a familia erasmus crece, esta semana dar a benvida a nova adquisicion duns eramus, un Fiat ”Polska” 126.
Posted by Chino at 13:05:11 | Permalink | No Comments »