Sunday, December 9, 2007

Visitas

Despois de algun tempo preparandoo, o mercores 21 fun a Krakow para encontrarme con Didi, Gerson, Magui, Dani, Rober e Ceci para pasar con eles uns bos dias, polo camiño xa deu para ver q ia ver moita neve nos dias seguintes. O xoves estivemos visitando Krakow, como cousas novas ademais do castelo e outras cousas, entramos no cementerio xudio, onde o vixiante parounos cando entrabamos, eu pensaba q nos ia botar (no cementerio de viena, unha parte xudia estaba pechada), pero o q fixo fi darnos uns sombreros xudios. O dia seguinte madrugon para ir collelo tren as 7 da maña para ir a Auschwitz, pesabamos adicarlle unhas horas para ver se despois ainda daba tempo para ir as minas de sal, pero fixosenos de noite mentres estabamos en Birkenao. Tras pasar por Wroclaw e decidir q ir a Praha serian moitas horas de viaxe, fixemos unhas reservas en Warszawa e ali nos diriximos, capital de Polonia, na q ainda non estivera, foi practicamente destruida en 1945, polo q non hai moito q destaque, e algo gris e monotona cunha muralla e moitas estatuas, das cousas q vin destacaria o Palacio da Cultura e Ciencia, q pudimos ver nada mais sair da estacion de tren, a tumba do soldado descoñecido e o monumento a sublevacion en Varsovia… o demais? o q pasou en Polonia queda en Polonia ;) Despedidas e volta para casa, con algun q outro percance (parece q habia problemas por Poznan e todolos trens tiñan retrasos entre 80 e 140 minutos).


(Magui, Dani, Gerson, Ceci, Rober e Didi no barrio xudio de Cracovia, na rexion historica de Galicia)

E agora xa estou de volta en Ourense (creo q se nota por q volvo a poder escribir con “ñ”). Me estou perdendo moitas cousas: o “Tram Party”, as viaxes a Berlin, o concerto de Chambao, o de Paco de Lucia (si, nunha semana viñeron os dous a Wroclaw), estrenala pista de xeo (xa caerei moitas veces nela en xaneiro), as navidades en Polonia…

Posted by Chino at 22:58:43 | Permalink | No Comments »