Monday, August 4, 2008

Mais concertos: Chemical Brothers, Lenny Kravitz… Melk

Pois seguimos de concertos, durante todo o ano a oferta de concertos é enorme por aqui, xa comentara q a Wrocław vińera Paco de Lucia, Chambao… mais recentemente Manu Chao, Avril Lavigne, Shaggy e Wu-Tang Clan… e isto só en Wrocław, saindo un pouco mais aparecen mais e mais como The Police, Metallica con Machine Head, Asian Dub Foundation, Sex Pistols, un dos fillos de Bob Marley… cos polacos volvendose tolos nos concertos.

Pola mińa parte animeime a un festival, os cabeza de cartel eran Lenny Kravitz e Chemical Brothers respectivamente para cada unha das noites, pero vimos nomes tan cońecidos como Orishas, Stereo Mc´s, Eddy Grant, Gentleman, Nightmares on Wax, “Morcheeba” (por q si, o gitarista era o mesmo, pero non tińa un irman tamen no grupo?… e a cantante non era negra? ;) … Chemical Brothers levan un espectaculo visual q da igual se te gusta a musica ou non, merece a pena velo. O concerto de Lenny estivo cheo de momentos, coa sua maneira de ser tan peculiar ;) cunha entrada e saida rompedoras(Bring it on, Always on the run e American woman, Fly away e Are you gonna go my way?), con solos de todos os q o acompañan, incluindo a participacion de Junior Marvin en Stillness of Heart, baixou o publico (Let Love Rule), cantou Billie Jean…

E certo q o sitio non era como os q estou acostrumbrado a ir, nin o ambiente era o mesmo, pero supońo q o liston esta moi alto ;) ainda asi habia cousas curiosas como en todo-os festivais, nos concertos? un dos grupos do escenario secundario pedindo 50 centimos para a causa q apoian (Positivo Moçambique), Stereo Mc´s eran curiosos de por si, “You say Asere!”….

Ademais de ir ó festival aproveitamos para visitar unha abadia por ali cerca, en Melk.

Posted by Chino at 23:05:30 | Permalink | Comments (1) »