Regreso a Wroclaw, Bristol, Police, visita de Rober e Ceci, sol, praia, despedidas…
Para volver a Wroclaw tiven q facer escala en Bristol, como tińa bastantes horas decidin dar un paseo pola cidade, moi chula, sobretodo polo porto e o Suspension Brigde, e moitas cousas para ver, pena q pillara bastantes pechadas/en obras (torre Cabot…) inda q cargar coa mochila chea de chourizos e xamon pasou factura (e non habia consignas en ningun lado por motivos de seguridade…).
Xa en Wroclaw, as baixas na resi xa eran moitas, cada dia marchaba alguen… e recordades aquel post no q dicia q non conseguiria entradas para ver os Police? mentin! ala me fun eu con Julian, iamonos encontrar en Chorzów (Katowice) con Luis, q ia cos pais, para visitar despois Krakow e de ahi de volta a Jaen, pensando q o concerto acabaria mais cedo (non contou entre outras cousas, q antes dos Police tocarian os Counting Crows) asi q decidiu non quedar ó concerto… Luis, non volvas a Katowice q sempre te pasa algo! o concerto xenial, un estadio cheo, xogo de luces espectacular, sonido perfecto, e STING e os POLICE!!! mais de hora e media de cancions miticas cońecidas por todos. Ó acabar carreron para chegar xustisimos de tempo ó tren para levarnos de volta a Wroclaw.
http://es.youtube.com/watch?v=awlXpcDqqF0
http://es.youtube.com/watch?v=PwxwGhVydCs&feature=PlayList&p=C146B378424065F7&index=13
O dia seguinte recibia a visita de Rober e Ceci e mailo irman, q ian de paso para regresar a casa. Quedaron o fin de semana visitando a cidade, o centro, Ostrow Tumski, universidade, Hala Ludowa e o xardin xapones, Panorama e museo nacional, cousas q non fixera antes foi subir a torre de Saint Elizabeth e ir ó Spiz probala sua cerveza casera e Zurek dentro dun bollo e ir o Museo de Correos e Telecomunicacion e, non se pudo evitar…, ver a final da eurocopa.
E o fin de semana pasado, xogabase en Gdynia o torneo final da liga de rugbi7 de polonia, acabamos 4, despois aproveitando o bo tempo e q o torneo era no baltico quedei co equipo de acampada o fin de semana en Sopot, non fixen moito turismo, foi un fin de semana con polacos de sol, praia e chapuzons do Baltico.