Viaxe a Praha e Budapest (do 15 o 19 Novembro)
Este finde, a ESN organizaba unha viaxe a Praha e Budapest, dous dias en cada sitio, para 65 persoas, e con autobus privado para levarnos dun sitio a outro. A viaxe tivo os inconvintes normais q conleva un grupo tan grande(e mais con tanto espanhol e portugues, sempre habia q esperar a alguen pero estivo xenial, organizar unha viaxe asi para un grupo pequeno seria moi dificil ( so co tempo q se perderia viaxando en transporte publico… a uns q foran a Budapest pola sua conta a semana anterior levoulles 24 horas volver a Wroclaw) e tamen esta a comodidade de ter guias e non ter q estar buscando as cousas por un mesmo. Poderia dicir todolo q visitamos, pero suponho q seria algo conhazo(ademais non me apetece;) asi q vou quedar simplemente por dicir q Praha esta moi ben con as suas pontes, castelos e demais edificios e igrexas, o unico pero son a xente q atende os bares e restaurantes. E Budapest e xenial, o nivel de Wien, cheo de monumentos e cousas para ver (e non so, levaronnos a uns banhos turcos ;), o q mais me gustou foi o Labyrinth, tamen e impresionante o parlamento (hai 3 pedazo edificios xuntos, parece ser q houbo un concurso para contruilo parlamento, o q esta como parlamento foi o q ganhou, pero decidiron construir tamen o segundo e o terceiro clasificado
Conhas da viaxe? pois podedes imaxinar o q deron 65 persoas en 4 dias (coas suas noites) pasando por 4 paises distintos( inda q en Eslovaquia so parasemos nos controles fronterizos e nas estacions de servicio - a volta case deixamos uns en terra nunha destas ;).

(Praha, eu saio cortado, tedes q clickar na foto para verme
Para cando vexades as fotos (xa sei q non tenho case ningunha, a ver se un dia me sinto menos perezoso e ponho algunhas;), tal vez vos sorprendera o meu look deses dias, iso debiase a q o volver ese luns quedaramos en facer unha cea de bigotes.