Tuesday, February 12, 2008

Visita de Belen, Berlin, Dresden (1 do 10 de febreiro)

Esta semana recibin a visita de Belen, uns dias en Berlin, e un dia en Dresden de paso a Wroclaw para amosarlle a cidade.

O venres collin o tren a Berlin, directo, a teoria de q os trens en polonia son lentos por q a locomotora non da para mais veuse a pique cando pasando a fronteira o tren empezou a ir moito mais rapido, asi q debe ser cousa das vias. Chegada a HauptBanhof (a q aparece en grandes obras de enxeńeria do discovery channel), e despois dunhas voltas (as cousas asi pequenas e o q teńen ;) enterome de q os U-Bahn (metro) e autobuses estan en folga, menos mal q os S-Bahn funcionaban, xa era tarde q o turismo quedou para o dia seguinte, collimos a welcome card para utilizalos transportes publicos e ter descontos nos museos. Visitamos o museo xudio, o do checkpoint charlie, o story of berlin, o topographie des terrors, unha visita relampago o museo de historia, cupula do parlamento, tiergarten, embaxadas, kulturforum, sony center, porta de brandeburgo, unter den linden, quartier 206, bebelplatz, a illa dos museos, doms e concellos, tempelhof, charlottenburg e belvedere, k’damm (cun cutrentroido), Gedächtniskirche…(queredes q siga? ;) e como non o muro de berlin.
Con algunha q outra dificultade contactamos con Stefanie para q nos levara a Dresden.

Dresden e unha cidade fermosisima, destacaria Zwinger, pero o casco vello ten un monton de edificios, monumentos e plazas e parques. Contactamos con Frank para unha viaxe curiosa ata Gorlitz, na fronteira, para cruzar a Zgorzelec e coller un tren a Wroclaw.

Aproveitei a visita de belen para ver cousas q ainda non vira/descubrin cousas q nin sabia q existian. Visitamos o Panorama de Raclawice, a aula leopoldina, o oratorio mariano e a torre matematica da universidade, a facultade de arquitectura, hala ludowa, asistimos a Rigoletto de Verdi na opera (non e a de Wien pero…), o foso, gnomos, illas, rynek, catedral e igrexas, centro da cidade…


(cerca da estacion de tren de Wroclaw)

e agora, a traballar q xa van uns cantos dias sen facer nada ;)

Posted by Chino at 20:26:26 | Permalink | No Comments »