Do 31 de Outubro o 12 de Novembro
Como bo pais catolico en polonia tamen se celebra o dia de todolos santos (unido o dia seguinte co dia da alma), na resi levabamos moitas semanas falando de aproveitar os 4 dias de vacacions para facer unha viaxe a algun sitio q non estivera tan a man (Viena), como non deixamolo todo para os ultimos dias. A viaxe foi algo movidita, para non arriscarnos o tren de Katowice a Viena, tivemos q sair da resi o mercores as 01:30 para meternos nun tren cheo de xente, despois de mais de 3 horas de viaxe nun pasillo de menos dun metro de ancho, chegamos a Katowice onde tinhamos q esperar 3 horas polo seguinte tren. Decidimos meternos nun mcdonalds para aguantar mellor o frio. Xusto cando estavamos subindo o tren e deixando as maletas a un de nos roubaronlle, polo q quedou sen dni, nin dinheiro, nin tarxetas nin movil. Avisamos o revisor q nos dixo “No problem”, pero o chegar a fronteira a policia dixonos “Not our problem” e obrigaronno a baixar do tren e despois dunhas horas no calabozo mandarono para Wroclaw. Asi q despois de 13 horas de viaxe os 9 erasmus restantes chegamos a Viena, un par de dias mais tarde xuntaronsenos os q quedaran atras. De Viena pouca cousa para contar q non dixera o ano pasado, e unha pasada de cidade chea de palacios, moitas fotos… eu dediqueille mais tempo a ver cousas q ainda non conhecia: o cementerio, a incineradora… A viaxe de volta foi mais tranquila, e “so” 11 horas de viaxe
De volta en Wroclaw, este semana visitei o Panorama, un cadro de 360 grados con 15 metros de alto e 120 de perimetro sobre unha batalla entre polacos e rusos (explicada por unha gravacion no idioma q elixas), esta moi ben presentado e coa entrada podes ir o museo nacional. O dia seguinte o equipo de basket de Wroclaw (WKS Slansk) recibia na copa ULEB o Gran Canaria, e decidimos ir velo partido, cadrou sentarnos xusto o lado dos forofos do equipo de Wroclaw q non pararon de cantar en todo o partido, moi simpaticos, o acabalo partido invitaronnos a ir a tomar algo con eles.
A semana acabou ca ultima viaxe de trekking deste semestre, desta vez o destino foi Spalona, cerca de Bystrzyca Klodza, sen duda a mellor viaxe das tres, non era tan alto como a montanha anterior, pero o tempo acompanhou mais e as vistas eran mellores, nebou todo o tempo, houbo momentos nos q iamos con neve polos xeonllos por caminhos nos que a neve estaba como a area nas dunas, sen marcas de q ninguen pasara por ali, os polacos tamen estiveron mais animados e falaronem durante toda a viaxe. Como comentario a organizacion, dicir q cando cheguei o punto de encontro, os polacos dixeronme q o monitor os chamara avisando de q non podia ir, polo q case todos(todos menos 4) fixeron gran parte do caminho en tren ou bus. O volver a Wroclaw vin q tamen nevara e a cidade agora esta completamente branca, inda q a xente de aqui di q so estara asi uns dias.
