Sunday, December 9, 2007

Visitas

Despois de algun tempo preparandoo, o mercores 21 fun a Krakow para encontrarme con Didi, Gerson, Magui, Dani, Rober e Ceci para pasar con eles uns bos dias, polo camiño xa deu para ver q ia ver moita neve nos dias seguintes. O xoves estivemos visitando Krakow, como cousas novas ademais do castelo e outras cousas, entramos no cementerio xudio, onde o vixiante parounos cando entrabamos, eu pensaba q nos ia botar (no cementerio de viena, unha parte xudia estaba pechada), pero o q fixo fi darnos uns sombreros xudios. O dia seguinte madrugon para ir collelo tren as 7 da maña para ir a Auschwitz, pesabamos adicarlle unhas horas para ver se despois ainda daba tempo para ir as minas de sal, pero fixosenos de noite mentres estabamos en Birkenao. Tras pasar por Wroclaw e decidir q ir a Praha serian moitas horas de viaxe, fixemos unhas reservas en Warszawa e ali nos diriximos, capital de Polonia, na q ainda non estivera, foi practicamente destruida en 1945, polo q non hai moito q destaque, e algo gris e monotona cunha muralla e moitas estatuas, das cousas q vin destacaria o Palacio da Cultura e Ciencia, q pudimos ver nada mais sair da estacion de tren, a tumba do soldado descoñecido e o monumento a sublevacion en Varsovia… o demais? o q pasou en Polonia queda en Polonia ;) Despedidas e volta para casa, con algun q outro percance (parece q habia problemas por Poznan e todolos trens tiñan retrasos entre 80 e 140 minutos).


(Magui, Dani, Gerson, Ceci, Rober e Didi no barrio xudio de Cracovia, na rexion historica de Galicia)

E agora xa estou de volta en Ourense (creo q se nota por q volvo a poder escribir con “ñ”). Me estou perdendo moitas cousas: o “Tram Party”, as viaxes a Berlin, o concerto de Chambao, o de Paco de Lucia (si, nunha semana viñeron os dous a Wroclaw), estrenala pista de xeo (xa caerei moitas veces nela en xaneiro), as navidades en Polonia…

Posted by Chino at 22:58:43 | Permalink | No Comments »

Thursday, October 25, 2007

Visita a Auschwitz (13 Outubro)

seguimos…

despois duns dias visitando a cidade, facendo papeleos, abrindo conta nun banco polaco, falando cos coordinadores (case nada) e cos tutores (un pouco mais) e outras cousas das q me estarei olvidando…. a ESN organizounos a primeira viaxe (gracias Ania) a Auschwitz e Krakow (Cracovia).

Saimos o sabadode madrugada, tinhamos q coller un tranvia q nos levara a estacion de tren onde quedaramos, ali nos esperaba Ania cunha irma xa cos billetes e nos subimos nun tren de compartimentos para 8 persoas cada, creo q so subira nun destes unha vez na minha vida, volvendo dun festival. O transporte en Polonia sera barato pero tamen e lento de c******! como pasaramos a noite de chachara pola resi e non durmiramos foi un bo momento para dedicarllo o sono. Non sei cantas horas mais tarde nos baixamos nunha pequena estacion no medio da nada para coller outro tren q nos levaria directamente a Auschwitz, un pequeno sitio con bandeiras de polonia por todas partes (non sei se foi casualidade ou estan sempre ahi) de onde se chega nun par de minutos a entrada de Auschwitz I, o famoso campo de concentracion nazi.

Tinhamos unha guia que nos foi explicando paso a paso todo o q pasou ali durante o dominio nazi (do ano 39 o 44 creo), por decilo da maneira mais realista posible digamos q era como unha moderna fabrica, onde se intenta obter o maximo rendimento cos minimos costes. Estimase q ali morreron 1.500.000 de persoas entre eses anos! o simil coa fabrica digoo por q o proceso era o seguinte, a Auschwitz chegabase nuns vagons cargados coma sardinhas, onde a alguns lles dician q lles ian levar a comezar unha nova vida, o baixarse do tren, un nazi facia un rapido reconhecimento visual, decidindo quen era apto para traballar ou para os experimentos de Mengele e quen non. Os q non pasaban este primeiro exame levabannos directamente a camaras de gas e os crematorios e non entraban no campo, polo q non entraron nas estadisticas. As cinzas dos seus corpos utilizabanse como abono… en Auschwitz non se desperdiciaba nada, podese ver no museo salas cheas de maletas, pelo, zapatos, cepillos, gafas….

Os q pasaban o exame visual entraban en Auschwitz (por unha entrada onde se lia “Arbeit Macht Frei” “O traballo da a liberdade”), dabaselles un numero e a partir de ahi vivirian case sen comer ( hai fotos de persoas con 25 kilos de peso), sen case roupa ( e nos, ben abrigados pasamos moito frio ali, e non era un mal dia) tratados coma esclavos… noutra sala vese fotos deles con datos da chegada a Auschwitz e de morte e era raro encontrar quen pasara dos 3 meses, o normal era un ou dous. Nalgunhas desas fotos habia flores, non era consciente de q isto ocorreu hai non tantos anos, e alguns dos q estiveron en Auschwitz ainda estan vivos ou hai familiares cercanos deles ainda vivos.

Ademais disto tamen vimos a parede da morte (onde se fusilaba a xente) os zulos de castigo, os arrames electrificados, as torretas de vixia….

Despois de ver un video, levaronnos en autobus a Auschwitz II -Birkenau, aqui estivemos pouco tempo por q tinhamos q collelo tren para ir a Krakow, pero e algo impresionante, un campo de concentracion enorme, so con barracons para “vivir” e facelas necesidades (todos xuntos, sen separacions, digamos q eran pedras duns 50 metros de largo con buratos), foi construido polos primeiros presos de Auschwitz I.

Despois desta visita rapida collimos outro tren para ir pasala noite a Krakow.

Posted by Chino at 19:26:50 | Permalink | Comments (3)