AIESEC reception weekend
esta semana chegounos un email de Karol, un da ESN (Erasmus Student Network, q supostamente nos coida e nos organiza cousas) dicindonos q AIESEC (outra organizacion) nos invitada a sua reception weekend en Wroclaw. Estivo moi ben e foi moi completita, global village party, visita guiada a cidade, paintball, outra tram party… Non fun a todo, destacar a visita guiada (tamen moi completa, subindo a torre da catedral de maria magdalena, a aula leopoldina e a torre matematica da universidade, o xardin xapones, o panorama de raclawice…), non vin nada q non cońecera, pero era a primeira vez q ia con unha guia profesional, e souben algunhas historias q descońecia. O domingo levantarse cedo (co cambio de hora axudando
para ir a un sitio da cidade q ainda non cońeciamos para coller un bus q nos levara a uns km da cidade e ali enlatarnos nunha fragoneta para chegar o campo de paintball, foi divertido
por outro lado parece q chegou a primavera (despois do frio da pascua), e vaia se aproveitan os polacos! van uns cantos dias en q a todas horas estan facendo barbacoas e disfrutando do tempo no cesped diante da resi.