Tuesday, June 3, 2008

Juwenalia, Visita de Abilio…

Van uns cantos dias sen actualizar, algo xa escribira, pero despois de ler entenderedes q non tiven moito tempo.

A falta dunha semana de que volva a casa (pero dentro de un mes estarei de volvendo a wrocław ;) as cousas intensificanse, queda pouco tempo e quedan moitas cousas q facer. E para axudar, foi Juwenalia, algo asi como as queimas das fitas en portugal, unha semana chea de actividades por distintos sitios da cidade, tantas q era imposible ir a todas por q coincidian concertos (como por exemplo Kult o venres, no mesmo sitio da semana pasada, na illa, q durante a semana foi escenario de situacions “curiosas”), festas en residencias das distintas universidades boat parties, tram parties, o martes xogo de luces nas xanelas na T-16 (a resi enfrente da mińa), o mercores grill party diante da resi, unha chea de xente facendo barbacoas, o xoves foi o dia grande (o verdadeiro dia de juwenalia) empezando as 11 do rectorado miles de universitarios disfrazados, con carrozas, facendo o tolo, camińando polas ruas de wrocław ata chegar a rynek para q o alcalde nos dera as chaves da cidade, unico dia do ano en q podes sacarte fotos con policias (incluido bebendo, prohibido polas ruas en polonia), despois festa en rynek e mais sitios da cidade, e pola tarde cerca do estadio olimpico, con concertos (eu vin a Dick4Dick e Blender) e mais festa, a partir de aqui relaxa, pero non acaba.

por suposto tamen actividades deportivas, pola mińa parte participei no sabado no torneo de rugbi (campeons ;) e por se fora pouco o equipo xogaba o dia seguinte en Łódz un torneo oficial, asi q esta semana doble racion.

E despois de todo isto, pois outra semana tola con presas para facer o q non fixera ata agora(a maior parte delas da universidade ;) e tamen recibir a visita de Abilio, inchamonos a perder transportes, mostreille a cidade, grawitacja… o ultimo dia organizaronnos un paseo en kayak polo Odra cunha barbacoa o acabar, despois durmir unhas horas e erguerse cedo para facela mochila e outras cousas q deixei para a ultima hora e ó aeroporto para volver a casa, curioso pasar de estar en wroclaw (e incluso liverpool) en camiseta disfrutando do sol a chegar a un sitio onde todo o mundo pensa q e sol e calor e ter q volver a porse a chaqueta…

Posted by Chino at 15:09:28 | Permalink | No Comments »