Tuesday, June 3, 2008

Juwenalia, Visita de Abilio…

Van uns cantos dias sen actualizar, algo xa escribira, pero despois de ler entenderedes q non tiven moito tempo.

A falta dunha semana de que volva a casa (pero dentro de un mes estarei de volvendo a wrocław ;) as cousas intensificanse, queda pouco tempo e quedan moitas cousas q facer. E para axudar, foi Juwenalia, algo asi como as queimas das fitas en portugal, unha semana chea de actividades por distintos sitios da cidade, tantas q era imposible ir a todas por q coincidian concertos (como por exemplo Kult o venres, no mesmo sitio da semana pasada, na illa, q durante a semana foi escenario de situacions “curiosas”), festas en residencias das distintas universidades boat parties, tram parties, o martes xogo de luces nas xanelas na T-16 (a resi enfrente da mińa), o mercores grill party diante da resi, unha chea de xente facendo barbacoas, o xoves foi o dia grande (o verdadeiro dia de juwenalia) empezando as 11 do rectorado miles de universitarios disfrazados, con carrozas, facendo o tolo, camińando polas ruas de wrocław ata chegar a rynek para q o alcalde nos dera as chaves da cidade, unico dia do ano en q podes sacarte fotos con policias (incluido bebendo, prohibido polas ruas en polonia), despois festa en rynek e mais sitios da cidade, e pola tarde cerca do estadio olimpico, con concertos (eu vin a Dick4Dick e Blender) e mais festa, a partir de aqui relaxa, pero non acaba.

por suposto tamen actividades deportivas, pola mińa parte participei no sabado no torneo de rugbi (campeons ;) e por se fora pouco o equipo xogaba o dia seguinte en Łódz un torneo oficial, asi q esta semana doble racion.

E despois de todo isto, pois outra semana tola con presas para facer o q non fixera ata agora(a maior parte delas da universidade ;) e tamen recibir a visita de Abilio, inchamonos a perder transportes, mostreille a cidade, grawitacja… o ultimo dia organizaronnos un paseo en kayak polo Odra cunha barbacoa o acabar, despois durmir unhas horas e erguerse cedo para facela mochila e outras cousas q deixei para a ultima hora e ó aeroporto para volver a casa, curioso pasar de estar en wroclaw (e incluso liverpool) en camiseta disfrutando do sol a chegar a un sitio onde todo o mundo pensa q e sol e calor e ter q volver a porse a chaqueta…

Posted by Chino in 15:09:28 | Permalink | No Comments »

Wednesday, May 7, 2008

Ponte do traballador e Constitucion polaca

E con so un par de dias despois de volver de Torun chegaron mais festivos (dia do traballador e da constitucion) primero fun a outra viaxe de trekking, esta vez mais lonxe, a Szczyrk, cerca de Bielsko Biała e de onde nace o vistula (wisła), un sitio moi turistico, con monton de sitios cunha decoracion moi coidada en madera, xente vestindo traxes tradicionais, con moitas pistas de ski (tamen de saltos e slalom) pero inda q ainda quedaba algo de neve(apesar do tempo) non era suficiente para esquiar, e o q habia moito eran xente baixando as pistas en bicicleta, desde o alto do pico, cunhas bonitas vistas da rexion co lago de Żiwiec e demais, a viaxe duraba catro dias (toda a ponte) pero eu so quedei dous. 

A noite do segundo dia collin u tren para ir o sabado xogar un torneo a Zduńska Wola, un pequeno pobo cerca de Łódz, do pobo non vin nada, pero parece q foi onde naceu chopin, dia de rugbi con bo dia e boa compańia. O domingo quedara en ir a un festival na cidade, eran todos grupos polacos (Dżem, Happysad, Strachy na lachy, Hey e outro q non estaba no cartel e non saberia escribilo nome ;) eran todos grupos cońecidos (xa, polacos) e empezaron moi cedo, as 13.30 e as 22.00 xa estaba de volta a resi, a parte da musica (q en xeral me gustou) como en calquera festival moito atractivo esta en ver a xente q vai.

E para acabar, volvin a Praha con Rober e Ceci, q ian de ruta polas grandes capitales do centro de europa (Praha, Wien, Budapest) e tamen Mila. A ruta escollida foi ir por Kłodzko a Kudowa Zdrój na frontera, ali pasar a Nachod no lado checo e de ahi a Praha. Gustoume moito mais que cando fun en novembro, supońo q non ir cun grupo enorme influe, e vin algunhas cousas q non vira da outra vez, o xardin do senado… tpc estiven tanto tempo, pero a ponte non deu para mais ;)

Posted by Chino in 19:24:16 | Permalink | No Comments »

Viaxe a Poznań e Toruń

ok, levo algun tempo sen actualizar, pero supońo q despois de ler o par de post q deixo hoxe entenderedes por que ;)
empezamos por fai dous fins de semana, organizaronnos unha visita a Poznań e Toruń, na primeira cidade xa estivera e non vin nada q non vira da outra vez, so q entramos nunha igrexa (da outra vez pasara de entrar ;) e por dentro estaba chea de columnas (e vaia columnas) e moi ben decorada, e ademais coincidiunos con o ensaio do organo (tamen pequenińo) e clarinete, as 12 vin no reloxo do rynek as figurińas de duas cabras peleando e fixemos unha visita fugaz a un museo, o tempo estuvo xenial ( non so a fin de semana, non temos nada q envidiar a peninsula ;) e a plaza q tanto me gustara da outra vez estaba chulisima (wrocław tamen, agora ainda me gusta mais) e as fontes botan auga!
 

(diante da opera de Poznań)

Depois collelo bus (so para nos) e a Toruń, e a cidade de Copernico, e patrimonia da humanidade da UNESCO, encantoume, das cidades q mais me gustou de polonia (ata agora) non ten nada realmente espectacular pero esta moi ben en xeral, co wisła (vistula, polo q dimos unha volta en barco) as murrallas, avenidas peatonales… pero sen duda o mellor da viaxe foi o moito q nos rimos. Sen duda, a gran historia foi protagonizada por un chino/coreano (e non eu) q se apuntou a viaxe pero ninguen o cońecia, tras un dia xa chegaramos a conclusion de q era algo rarito (vińera so coa roupa q levaba posta e iso q a viaxe era de dous dias, unhas veces dicia q era chino, outra q era coreano, q o nome q tińamos del non era o verdadeiro por q tiverao q cambiar para poder sair de inglaterra por q o perseguia a mafia…) o sabado pola noite dixo q lle doia a garganta e pediu un taxi (a uns dixolles q ia o hospital, a outros q a unha farmacia) e pola mańa ainda non aparecera, e mandara unha mensaxe dicindo cousas raras (poland is enough enough enough, i’m tired, will miss you…) a organizadora preocupadisima pasou toda a mańa buscandoo (apagara o movil) chamando a policia, hospitais, tamen a universidade (onde ninguen o cońecia de nada) compańias de taxi… ata q un taxista dixo q o deixara nun hotel, conseguiu q os do hotel admitiran q estaba ali e foran comprobar q estaba ben e reservara duas noites!!! a dia de hoxe ainda non sabemos nada del ;)

Posted by Chino in 18:50:26 | Permalink | No Comments »

Tuesday, April 22, 2008

Białystok

Esta semana as felicitacions son para o ENXEŃEIROtecnico Rober, q mellor excusa enton para ir a visitalos a el e a Ceci a outra punta de polonia, un par de emails e algunha chamada e todo arreglado, venres pola noite collese un tren e pola mańa apareces en Białystok (previo cambio de tren en Warszawa). A resi a deixalas cousas e a pasear, a uni esta rodeada por un parque, un bo sitio onde ir pasear e correr e ten un pequeno zoo gratuito (con żubr e outros animais), a cidade non e moi grande, e moi tranquila e ten moitas zonas verdes, esta o noreste de polonia, onte hai moitos ortodoxos, polo q se ven moitas igrexas con a sua cruz, destacar un palacio q segun me contaron pertence a universidade de medicina, hai clases e e o aloxamento dalguns privilexiados, o mercadillo caotico e acotado, rynek (con museo)… seguinte paso? descubrir restaurantes e bares da cidade, moitos deles teńen os asentos recubertos por algunha especie de lana, para non olvidar q estamos ben o norte.
Posted by Chino in 17:02:00 | Permalink | No Comments »

Thursday, April 17, 2008

Książ e tolemias variadas

Este finde, pequena viaxe autorganizada, buscando sitios q visitar q non estiveran moi lonxe, enteramonos q existe un castelo a uns 50km de wroclaw, aproveitando a viaxe decidimos visitar osowka, unhas excabacions para un proxecto de hitler q non chegou a finalizar. Para a viaxe xuntamonos 11 de 8 paises distintos: portugal, espańa, francia, belxica, alemania, polonia, rumania e turquia, viaxamos en minibuses, os conductores flipaban con a mezcla. Para ir a osowka, primeiro collimos a minibus a walbrzych, e despois ali outra ata unha vila cercana, o q non nos esperabamos e q “cercana” implicaba 2horas camińando polo monte ;) a min gustoume o paseo e pudimos ver moita naturaleza (incluidos alguns cervos), e curiosades polo camińo (como a semana pasada ;), a parte visible (non subterranea) do proxecto “Riese”… a visita guiada era en polaco, pero o acabar o guia fixonos un pequeno (pero largo por limitacions do idioma ;) resumen da visita. Collimos outro minibus para q nos levara a ksiaz, previo paso por unha tenda para comprar algo de comer q xa pasaban das 5 e levabamos moitas horas sen ver ningunha tenda. Despois visita o castelo (chegando xusto a tempo para a ultima admision ;) non e enorme pero e bastante grande, con moitas salas, xardins o redor e interiores… despois volver a walbrzych para ir a estacion, e tras unha pequena espera nunha tipica estacion de tren polaca, volta a casa.
 
Ademais de esta viaxe, a primavera chegou, anda algo tola, agora chove agora fai un sol tremendo, xa sain un par de veces de camiseta (por primeira vez en polonia ;) felicitar esta vez os cadetes q igual q os xuvenis tamen proclamaronse campeons galegos, e destacar q a familia erasmus crece, esta semana dar a benvida a nova adquisicion duns eramus, un Fiat ”Polska” 126.
Posted by Chino in 13:05:11 | Permalink | No Comments »

Tuesday, April 8, 2008

Abril

Chegou abril, e os erasmus, envidiosos de ver os polacos facer barbacoas diante da resi, pois non quixeron ser menos e para empezalo mes compraron unha e estrearonna, pero como se sabe “en abril, augas mil” e ainda non houbo ocasion de volver a utilizala.

Esta semana tamen chegou o novo compańeiro de habitacion, xa botei unhas boas risas cos outros dous polacos cos q compartia piso (non sei se xa o dixera) a custa do frances este ;)

E esta fin de semana, era a primeira viaxe de Turystyka Gorska deste semestre, inda q a organizacion era a mesma q no primeiro semestre (dinnos q bus/tren temos q coller, e o punto de encontro e na estacion de destino) encontramonos bastantes (monitor incluido) na estacion de autobus o sabado pola mańa para ir a Ząbkowice Ślaskie, unha vez ali tińamos q coller outro bus a Srebrna Gora, onde empezariamos a camińar, pero tińamos unha hora de espera asi q aproveitei para facer algo de turismos, como non ir o rynek, tamen ten unha muralla e un castelo en ruinas, e mentres o buscaba, xirando unha esquina encontrome cunha construccion torcida, en plan torre de pisa. En Srebnrna Gora empezamos visitando unha fortaleza, neste sitio hai bastantes cunha disposicion pouco normal, e presumen q nunca cederon pola forza (nin napoleon, nin checos, nin…), despois a camińar, por caminos entre rocas, ata chega a Bardo, onde durmiriamos, un sitio onde din q apareceu a virxe e esta cheo de pequenas igrexas (inda q o edificio q mais me gustou foi o dos bombeiros ;) pola noite barbacoa, o dia seguinte aproveitei para dar outra volta mais, antes de empezar a camińar por un camino con bastante pendente, con imaxes de cristo cargando a cruz o noso lado, ata chegar a unha capela na cima, onde supostamente apareceu a virxe, despois cima pa baixo cima pa riba ata chegar a Kłodzko, unha cidade q vira unha vez desde o tren e q me apetecia visitar, pero chegamos xustos para collelo tren asi q non tivemos tempo, queda para outra.

Posted by Chino in 13:09:18 | Permalink | No Comments »

Monday, March 31, 2008

AIESEC reception weekend

esta semana chegounos un email de Karol, un da ESN (Erasmus Student Network, q supostamente nos coida e nos organiza cousas) dicindonos q AIESEC (outra organizacion) nos invitada a sua reception weekend en Wroclaw. Estivo moi ben e foi moi completita, global village party, visita guiada a cidade, paintball, outra tram party… Non fun a todo, destacar a visita guiada (tamen moi completa, subindo a torre da catedral de maria magdalena, a aula leopoldina e a torre matematica da universidade, o xardin xapones, o panorama de raclawice…), non vin nada q non cońecera, pero era a primeira vez q ia con unha guia profesional, e souben algunhas historias q descońecia. O domingo levantarse cedo (co cambio de hora axudando ;) para ir a un sitio da cidade q ainda non cońeciamos para coller un bus q nos levara a uns km da cidade e ali enlatarnos nunha fragoneta para chegar o campo de paintball, foi divertido ;)

por outro lado parece q chegou a primavera (despois do frio da pascua), e vaia se aproveitan os polacos! van uns cantos dias en q a todas horas estan facendo barbacoas e disfrutando do tempo no cesped diante da resi.

Posted by Chino in 19:54:46 | Permalink | No Comments »

Tuesday, March 25, 2008

Pascua en Polonia

Recomendo a todo o mundo visitar polonia, pero NUNCA na PASCUA! todo pecha, todo? non home non, todo non, as igrexas e floristerias resisiten, q seria dos polacos sen misa e sen flores… estes dias son os peores para vir, non hai nada para facer (incluido sair de festa), pola mińa parte decidin ir as minas de sal de Wielizcka e Zakopane, onde o tempo non acompańou demasiado e non se pudo disfrutar das vistas como se deberia, e camińar 18km (9 para cada lado) para ir a Morskie Oko (paseo moi chulo) e chegar ali e non conseguir ver nada e ter q por a man diante da cara para q a neve non lastime (vaia vento q facia)… e de volta en wroclaw o unico q aberto era o cementerio xudio (supońo q por q non e catolico ;) e pouco mais, pasear pola cidade, ver os edificios por fora (a torre de auga…) e racionala comida, q como as tendas non abren (alimentaranse con flores os polacos?) pois a sobrevivir co q quedaba pola resi ;)
Posted by Chino in 13:33:12 | Permalink | Comments (1) »

Wednesday, March 19, 2008

Jelenia Gora, Stomp…

se algo gusta, repites, e como o ano esta algo raro (pero sobre o cambio climatico un primo meu di q… ;) e teńo pasado mais frio alguns invernos en ourense, hai q aproveitar mentres non chega a primavera, alguns erasmus organizamonos unha viaxe a Jelenia Gora, unha pequena cidade cerca de dous sitios nos q xa estiven nos sudetes, con o seu concello no centro da plaza principal, igrexas (con mogollon de xente - era domingo de ramos)… sabado aproveitamos para ir a Karpacz (ver viaxes de trekking) pero esta vez para facer snowboard, eramos todos novatos, o q tińa mais experiencia era eu (era a mińa segunda vez) asi q os outros tiveron q apańarse cos poucos consellos q lles din ;) e para facilitar as cousas, segun compramos as tarxetas para os telesillas pońemonos a seguir a toda a xente, e collimos o telesilla q ia arriba de todo, a pista mais dificil (negra)… no comments ;) foi divertido, un dia ideal, ceo despexado, unha vistas xeniais… cando pecharon os telesillas demos unha volta pola vila antes de collelo bus de volta a Jelenia Gora. De volta o hostal dixeronnos q pechaban as 11, asi q habia q volver antes desa hora, negociamos unha pequena prorroga para ter tempo de ir cear e facer algunha compra. pola mańa alguns erguemonos un pouco mais cedo (en parte polo ruido q facian os nenos polo pasillo ;) para dar unha volta pola cidade e cando volvemos o hostal encontramolo pechado, chamamos os q quedaran durmindo, e estaban dentro (pechados), era a hora da misa ;) por sorte estabamos na planta baixa, asi q so habia q saltar a verxa e entrar pola venta. pola tarde decidimos ir o parque nacional Krakonosze, similar o Xures/Geres, no bus unha rapaza (de instituto) ofreceuse a facer de guia, primeiro levounos a sua casa, estaba soa, pero ainda asi ofreceunos te, e levounos a ver sitios curiosos, pedras, cascadas… 
 

(Wodospad)

antes desta viaxe, durante a semana, fun ver outro ”concerto” o teatro esta vez de STOMP, fixemos unha gyncana pola cidade e tamen empecei a adestar co equipo de rugbi, para acabar felicitar o equipo xuvenil de Ourense q o fin de semana pasado acabou a liga como campeons galegos!

Posted by Chino in 14:30:02 | Permalink | No Comments »

Thursday, March 6, 2008

6 marzo

estes dias foron algo mais culturais (e non so por traballar co proxecto ;) o venres fun ver o musical “Operetka” o teatro capitol, dixerannos que estaba en polaco pero tińa subtitulos en ingles, certo, tińaos, pero estaban na parte de atras do escenario e case non o conseguimos ver por q os actores pońianse diante ;) ainda asi moi ben, foi… curioso, divertida… non nos enteramos de nada, pero non creo q os subtitulos axudaran moito, moita loucura encima do escenario. despois tińa intencion de contaros moitas mais cousas, pero como non as cheguei a facer… hai un festival de jazz ( http://www.jnofestival.pl/?lang=en ) onte queriamos ir a ver kroke, pero quedamos sen entradas; tamen actua diana krall, pero paso de pagar 50 euros. tamen parece ser q vou quedar sen ver metallica e machinehead, nin police, q van tocar en katowice, os primeiros vimos os carteis estas semana, pero parece q xa non quedan entradas, e police tocan en xuńo asi q tal vez xa non estou aqui (nin mirei se hai entradas, pero seguro q tamen estan agotadas)

marchan moitos eramus, onte marchou o meu compańeiro de habitacion, so estaba por un semestre, estan chegando novos… como anecdota contovos q o venres quedara eu co meu tutor, e cando chego o despacho encontroo buscando na paxina da PKP, non e q entenda polaco, pero a forza de usala xa sei onde esta cada boton e por iso estivenno axudando a usala.

Posted by Chino in 11:21:16 | Permalink | No Comments »